Circular Informativa 01/03/2023

 

                 Circular informativa

  Santiago, 01 de marzo de 2023

   
 
Asunto Circular informativa

 Apreciados  Socios:      .No meu propio nome e no da Xunta Directiva reciban cordiais e afectuosos saúdos. Pola

  presente quero comunicarlles diversos asuntos que afectan a Venatoria 

  

 Este ano 2023 a tempada hábil de  pesca para a troita  vai dende o día  19 de marzo ata ó 31 de xullo

 Nos meses de agosto e setembro solo se poderá pescar sen morte

  

a)   Renovamos a condición de Entidade Colaboradora da Conselleria de Medio Ambiente que nos permite xestionar o couto de pesca de Chaián coas obrigas e compromisos tales como manter un serrvizo de vixilancia, infraestructuras, enquisas de pesca, etc... Dispoñemos de tres datas para organizar eventos de pesca : Día 16 de abril campionato social troita; Día 17 de maio Pesca a Mosca e Dia 23 de Xullo Festa do escalo.

b)   Aplazamento da asemblea ordinaria por motivos de saúde de algúns directivos.

c)     Económicamente a entidade depende das cotas dos socios.. No exercicio de 2022 temos moitos  recibos impagados. Solicitamos que sigan colaborando ainda que non vaian a pescar Agradecemos comuniquen de algún xeito, teléfono, carta,  email, a súa baixa voluntaria  como socios para evitar a emisión de recibos indesexados

d)   FORMAS DE PAGO COTAS DE PESCA TEMPADA 2023 :

    1.- DOMICILIACIÓN BANCARIA: Imprescindible facilitar conta bancaria de adeudo actualizada

    2.- TRANSFERENCIA a CONTA DA VENATORIA:  Iban  2080-0300-8330-4004-3334

         Concepto: Cota de Pesca / 2023 – Importe 70 €., Socios de honra 20 €

     3.- PAGO AO CONTADO: no local social que estará atendido por Bea en horario de MAÑAN de

        10:00 a 13:00 horas  os  Luns e os Xoves a partir do 6 de marzo ata o mes de xullo   

 

e)   EXPEDICIÓN DOS  PERMISOS DE PESCA E LICENZAS FEDERATIVAS .

no local social na rúa do Horreo, 94 -1º B,  donde  estará a súa disposición Bea  polas MAÑANS de 10:00 a 13: horas os Luns e Xoves. Estudiarase a posibilidade de expedilas en Chaián

 

f)     SORTEO PERMISOS  PARA OS DOUS  PRIMEIROS DÍAS FESTIVOS  DE PESCA DOMINGO DIA 19 DE MARZO E DOMINGO DIA 26 DE MARZO

Atenderanse as peticións por teléfono ou e-mail . O sorteo celebrarase no local social por dous directivos da entidade         

    Para calquer tema contactar telefónicamente:

    Presidente :608 275 572 - Secretario : 698 130 488

          Por correo electrónico: venatoriadesantiagoscp@gmail.com             

           

 

NOTA: Esta convocatoria vai acompañada do Estado de Contas 2022,  Orzamento 2023 e solicitude para participar no Sorteo dos Permisos Pesca (ATENDERANSE PETICIÓNS POR TELÉFONO OU EMAIL-)

 

 Agradecendo de antemán a súa colaboración deséxolles unha boa tempada de pesca 2023

 PRESIDENTE

                  

Asdo.: Ramón Fandiño Salgado

 

Share by: