ELECCIONS

Nuevo párrafo

ELECCIONS  2023  A PRESIDENCIA E XUNTA DIRECTIVA

NOVA CONVOCATORIA ASEMBLEAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIAS 


Estimado Socio:

        Posto que as asembleas ordinaria e extraordinaria previstas para o pasado día 5 de maio foron suspendidas

por insuficiente quorum (só se reuniron catro socios), é a miña obriga convocarte de novo as Asembleas

Xeral Ordinaria e Extraordinaria 2023 que tentaremos levar a cabo o día 9 de xuño no Local social da

Venatoria, rúa do Hórreo, 94 -1o B

                                           *ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

                                            Primeira convocatoria ás 20,00 horas

                                            Segunda convocatoria ás 20:30 horas

  ORDE DO DÍA:

1o.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2o.- Estado de contas exercicio 2022. Estado económico da entidade

3o.- Orzamento 2023

4o.- Situación Couto de Pesca: , Gardería.

5o.- Competicións Deportivas

6o.- Rogos e preguntas

     

 De seguido

                                          *ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

   ORDE DO DÍA

1o.- Inicio do proceso electoral á Presidencia e Xunta Directiva

2o - Normativa electoral

3o.- Censo electoral

4o-- Nomeamento da Xunta Electoral Social

5o.- Calendario electoral

6o.- Nomeamento da Mesa Electoral

7o.- Xunta Xestora Provisional

8o.- Suxerencias

                                                                                                                                                             Santiago, 04 de xuño de 2023


O SECRETARIO

Gregorio Romero Fandiño



N.B.: Aproveito a ocasión para solicitar a túa presencia nestas asembleas que son vitais para a

supervivencia da Venatoria. Non podemos deixar que esta Entidade desapareza, alguén ten que

tomar o relevo e continuar a labor dos nosos devanceiros. ¿Serás ti o novo presidente?






    ELECCIONS  2023  A PRESIDENCIA E XUNTA DIRECTIVA

            Venatoria de Santiago

Inicio do proceso electoral

Unha vez celebradas as asembleas ordinaria e extraordinaria do 9 de xuño achégase  resumen das actas da reunión

 A) - Asemblea ordinaria: Reunida en segunda convocatoria, día 09/06/2023, ás  20:30 h.

 Punto 2 º.- Estado de contas dos exercicios 2021 e 2022. Estado económico.

Sometidas as contas a votación e o non presentarse ningunha oposición as mesmas quedan aprobadas por unanimidade.

Punto 3º. - Orzamentos 2023               

 Orzamentos 2023: Informa o tesoureiro que os orzamentos contemplan a mengua de ingresos por cotas de socios e as aportacións dos patrocinadores.

Sometidos os orzamentos a consideración dos socios quedan aprobados por unanimidade. 


Punto 4º.- Situación do couto de Pesca. Gardería.

A situación medioambiental do couto e totalmente desalentadora. O ecosistema acuático está moi degradado pola falla de limpeza tanto da vexetación das ribeiras como a das augas que aturan continuos verquidos contaminantes, como se pode constatar no descenso ano tras ano das capturas de troitas. Incluso a poboación de escalos pasou de ser abundantísima a escasa tras os episodios contaminantes do mes de xuño de 2019. O coto voltou a aturar outro verquido contaminante (mais de 200.000 mil litros de purín) o 9 de setembro do ano 2021

Solicitar a Augas de Galicia a limpeza integral do couto e a Conselleria de Medio Ambiente una repoboación de troitas autóctonas.

 

O contrato do servizo de vixilancia e gardería do couto de Chaián, 1.400,00 € anuais, quedou renovado e firmado polo presidente Ramón Fandiño Salgado (q.e.p.d.) con data 14/01/2023. Este servizo ven sendo prestado por gardas externos a entidade, autónomos e coa titulación axeitada a lexislación vixente.

Este punto queda aprobado por unanimidade.

 Punto 5º.- Actividades deportivas de pesca. Subvencións

Calendario deportivo para a tempada 2023:

XLV Campionato social de Salmónidos:   Domingo, 16 de abril de 2023.   Actividade xa celebrada

 Campionato social Mosca Cola de Rata: 17 de maio de 2023. Actividade suspendida

XLVII Consurso Ciprínidos “Festa do Escalo”:  Domingo, 23 de xullo de 2023

Concurso de Mar Costa: Sen determinar

Solicitar a Consellería de Medio Ambiente o cambio de data da Festa do Escalo para o día 16 de xullo de 2023 para non coincidir coas eleccións nacionais sinaladas para o 23 de xullo

Solicitar o mesmo cambio de datas ante os Concellos de Santiago e Trazo.

Facultar aos directivos David Ríos Martínez e Carlos Rodriguez Otero para estes trámites ante os concellos.  

 

Rematou de este xeito a asamblea ordinaria sendo as 21:00 horas do día 9 de xuño de 2023


B) - ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 2023:

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A PRESIDENCIA E XUNTA DIRECTIVA DA SOCIEDADE DE CAZA E PESCA LA VENATORIA DE SANTIAGO.

Abre a sesión o secretario da entidade que procede a seguir a orde do día:

PUNTO 1º.- CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS E INICIO DO PROCEDEMENTO ELECTORAL

A asemblea acorda convocar e iniciar o proceso electoral segundo as normas estatutarias, Articulo 1, apartado b) por morte do presidente da entidade Ramón Fandiño Salgado (q.e.p.d.)

PUNTO 2º)- NORMATIVA ELECTORAL

A normativa que rexerá todo o proceso ven regulado polos estatutos da entidade, Anexo 1.

Acórdase exponer a normativa electoral no taboleiro de anuncios do local social e facilitar copia a todos os socios que o soliciten.

PUNTO 3º).- CENSO ELECTORAL

A asamblea determina que o censo electoral sexa elaborado polo secretario da entidade excluindo aos socios que non estean ao corrente nas suas obrigas de pago das cuotas sociais do ano 2022 e 2023.

PUNTO 4º)- NOMEAMENTO DA XUNTA ELECTORAL

Quedan propostos e nomeados os membros titulares e suplentes, elexidos pola asemblea, para conformar a xunta electoral social. Tres titulares e tres suplentes

PUNTO 5º).- CALENDARIO ELECTORAL 

Queda aprobado por maioria a proposta de calendario electoral elaborado polo secretario da entidade.


PUNTO 6º).- NOMEAMENTO DA MESA ELECTORAL

A mesa electoral queda nomeada e composta por tres socios  Titulares e outros tantos suplentes por acordo da asamblea:



 

Punto 7º: Constitución da Xunta Xestora.

Conforme aos estatutos sociais os membros da actual xunta directiva por morte do presidente pasan a constituirse en Xunta Xestora para rexer os asuntos da entidade ata a proclamación da nova xunta directiva e do presidente da entidade.

 

E o non haber mais asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 22:00 horas, rematando esta asamblea extraordinaria.


            Calendario electoral


 

Share by: